O Lobo de Cantom Street

O Lobo de Cantom Street

O comando bravú da Serra do Faro formouse no ano 2011 coa intención de poñer o fin  da tregua á que estaba sometida a loita musical do noso país. Nesa época a banda estaba composta por seis membros, batería, baixo, guitarra, gaita, violino e voz. Foi no 2012 cando se incorporaron a sección de metais, trompeta e saxos tenor e alto. No ano 2013 incorporamos á mascota porcina que nos acompaña a tódolos concertos atinxindo  na actualidade un total de 10 membros. Para saber máis de nós: http://shoutout.wix.com/so/aL9vRbUW#/main

Liviao de marrao nace, por fociños e por cachuchas, fai un feixe de anos entre un cortello de Vilaúxe (Chantada) e a Compostela posmoderna de Bugallo e Conde Roa.

Na fusión de acordes, compases e voces emerxen músicas e letras que beben do espírito que impregnou o sistema-musical galego da década de 90, o movemento bravú.

Desde o inconformismo, o dereito ao patalexo e a ironía propuxémonos apostar pola música galega e a mesturas dos ritmos que nos saen do cotazo.

En maio de 2011 demos o noso primeiro concerto no pub Besto Bravo S.L. Nos primeiros do ano 2012 gravamos en Lalín, coa a axuda de Bieto Barreira, algúns temas á machada que recibiron o premio do público e de internet do concurso Novoson da Radio Galega. No 2013 preparamos o noso primeiro disco (Matanza eta Filhoak!!!) gravado por Toño Vázquez nos estudos da Radio Galega, na súa maior parte, mais Rubén de KAO Records o tema Narcocorrido ribeirao. No mes de Xunho presentamos o videoclip do tema Narcocorrido baixo a dirección de Alfredo Pardo de Chantada Films, seleccionado como finalista nos festivais de cine da Primavera da de Vigo e o Fastival de Cans.
Neste último ano, presentamos o segundo traballo discográfico, que leva por nome “Que cada cão lamba a sua caralha” gravado e masterizado nos estudos Pousada Son, baixo os mandos de Iago Pico. Presentámolo  no frío mes de Novembro dese mesmo 2015, na Sala Capitol en Compostela, e dende entón non paramos de tocar por todo o territorio galego, sempre coa ilusións de facer a nosa propia historia.
Contacto:  666 28 91 22 (Xurxo)
liviaodemarrao@hotmail.com
http://liviaodemarrao.wix.com/portada