Desaparecer

Desaparecer

Oh! Ayatollah é un grupo de pop que naceu a finais de 2015 en Santiago de Compostela, da xuntanza de varias persoas que coincidiron estudando nesta cidade, todas cunha semellante sensibilidade no musical e con ganas de pasalo ben tocando, mais tamén transmitir unha certa mensaxe nuns certos códigos que por desgracia son ben pouco recurrentes ( tanto propiamente musicais como lingüísticos ).

Logo de varios meses de traballo duro e un moi bo ritmo de producción de repertorio – as nosas actuacións compóñense integramente de cancións propias  – demos o noso primeiro concerto en marzo deste 2016 nun local da capital galega que para nós é un claro referente estilístico: A Reixa. Agora estamos a punto de editar o noso primeiro traballo, un EP do cal o tema que aquí presentamos é un adianto.

Nestes casos, é mellor non afondar demasiado en descripcións e deixar que sexa a música a que fale por si mesma, que seguro ha ter máis cousas e máis interesantes que contar que calquera floritura en forma de texto. Quedades con “Desaparecer”.