A historia do calcetín

A historia do calcetín

Superoito está formado por Iván R. Paderne, Xabi Sóñora e Glenn G. Carbajal. Xuntos dende o 2013, o grupo nace cunha finalidade única: a festa.

Dende aquela compuxemos 24 cancións, todas elas na nosa lingua, adaptadas para disfrute dun público sen restricción de idade e nas que a interación coa xente nos concertos e a enerxia e a transmisión da felicidade que tanto caracteriza ás festas galegas e ao noso referente O Xabarín Clube son o factor principal de cada espectáculo.

Participamos dende aquela nunha morea de festivais galegos, maioritariamente autoxestionados, aínda que tamén disfrutamos doutros escenarios mais grandes como o Brincadeira ou o Festigal e tamén demos os primeiros pasos nalgunhas cidades españolas como Bilbao, Madrid, León ou Segovia, cun repertorio integrament en galego e moi boa resposta do público de cada lugar.

Habitualmente participamos en charlas e concertos en institutos de infantil e educacion secundaria (IES Maruxa Mallo, IES N1 de Ordes, IES de Melide etc) para ao mesmo tempo que introducimos a música en directo entre os máis pequenos/as tamén normalizar o uso da nosa lingua no ámbito musical e fomentar entre eles unha alternativa de ocio distinta eliminando os auto-odios cara o galego e a nosa cultura que tan de moda están hoxe en día.

Entre os nosos proxectos máis recentes atópanse a tradución dunha das nosas cancións (non sabes bailar) a linguas euskera e catalana (tocámolas en directo nas tres linguas), a creación da primeira escola de rock do noso pobo (Ordes) e a colaboración mediante concertos benéficos en diversas causas como A escola infantil de Ruth do Hospital Clinico de Santiago de Compostela ou algunhas protectoras de animais de Galicia.

Presentámonos ao Correlingua 2016 a poucos meses de estrenar o noso segundo disco en galego, autoproducido e logo de dar 150 concertos en tan só dous anos nos que non poidemos aprender mais nin ser máis felices.