Correlingua | Morrer en Jalisia
18471
post-template-default,single,single-post,postid-18471,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2015,body_interprete,body_morrer-en-jalisia,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Morrer en Jalisia

Morrer en Jalisia

Ola! Somos Monoulious Dop, o teu grupo virtual favorito e cada día o de menos xente. Somos un grupo cómico-musical e non só nos dedicamos a compoñer a canción do verán senón que xa estamos traballando metidos na de outono-inverno. Gústanos facer rir coa nosa música aínda que ás veces consigamos o efecto contrario. Intentaremos gañar o concurso a toda costa (sobornos, palizas, ameazas a familiares, secuestros de mascotas, etc…) porque temos falta de dar renda solta a nosa imaxinación acumulada en forma de concertos no cantalingua, sair á fama e gañar moitos cartos, acompañado de xiras mundiais, vidas luxuriosas, hoteis, etc… de non gañar o concurso, pois bueno…somos propietarios tamén dunha floristería nas aforas de Noia, tirando para Porto do Son, na curva que vai para Boiro, que non nos fai millonarios, pero que nos dá para comer uns bós guisos e unas boas empanadas de pulpo. Sen mais, esperemos que lles guste o noso tema e convidámolos a morrer en Jalisia algunha vez nas suas vidas, como ven facemos nós no seguinte video: Morrer en Jalisia



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros