Correlingua | Axóuxere
18481
post-template-default,single,single-post,postid-18481,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2015,body_interprete,body_axouxere,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Axóuxere

Axóuxere

Javier Ferreirós (Ribeira, 1979) comezou a súa andaina musical en 1998, tocando por toda Galicia e despois por cafés e pubs de España, Portugal e Inglaterra.

No 2002 participou con dúas cancións no disco colectivo “GalizaSons” como finalista do concurso Campusons.

En 2005 instalouse en A Coruña, onde formou parte de varios grupos. Dende o 2008, ademais de escribir as súas propias cancións, é letrista do grupo coruñés Duploson.

No 2009 gravou a súa primeira maqueta con cinco temas propios, pola que foi seleccionado para participar no obradoiro musical de “A Coruña Son 2010”, no que se gravou un disco en directo con varios grupos e solistas.

Na actualidade está a gravar o seu primeiro disco en solitario baixo o título O Paso do Noroeste, no que trata de conxugar a rítmica e a poética da música tradicional galega cos sons contemporáneos, como na canción “Axóuxere”.

Hoxe en día dá os seus concertos cun formato de trío: batería, baixo e coros, e guitarra e voz solista.

https://javierferreiros.bandcamp.com/



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros