Correlingua | A xente fala
18485
post-template-default,single,single-post,postid-18485,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2015,body_interprete,body_a-xente-fala,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

A xente fala

A xente fala

Despois de adicar boa parte do ano 2014 a compoñer e grabar os temas do seu novo disco no estudio Escola da rúa de Carballo, baixo a co-producción de Javier Abreu e con Manolo Dourado de axudante, buscaron un son mais cercano a os directos grabando todos ao vivo…

Despois de Presentar a finais de outubro o video-clip CORTINA como adianto do novo traballo, con texto de Xosé M. Diaz Castro, poeta homenaxeado polas letras galegas do 2014… Despois de  recibir no ano 2013 en pleno ensaio un disco homenaxe.   Titulado,  “VAI POLOS PADRIÑOS, TRIBUTO AOS 25 ANOS DE ZËNZAR”, un disco no que se poden escoitar 19 pezas re-interpretadas por 18 grupos galegos. Entre  eles Ruxe Ruxe, Dios Ke Te Crew, Machina, Os Tres Trebóns, Invivo, Som Do Galpom, Raiba, K-Raxe, Compañía do Ruido… A banda de Cerceda , pioneira no rock en galego e hoxe a decana das bandas do país, quere presentarvos o seu novo traballo de estudio, o décimo en total,o cal sae agora en abril do  2015 , acompañados por amigos que  os acompañan ao vivo nos seus concertos : Xosé M. Ares á gaita,  e Xenderal (Gende Beat) á voz e beat box. , colaboracións reflexadas no novo disco e xa consolidadas nos directos.No disco tamén colaboraron:  Vituco Neira voz de Ruxe Ruxe, Miguel Duarte guitarra de Ruxe Ruxe, e Xan ao saxo , tamén membro de Ruxe Ruxe

Como se ve un grupo co cal manteñen unha estreita colaboración e amizade.

Once temas o compoñen, once temas variados, potentes, cún son á altura da traxectoria do grupo… Camiñando entre serpes , Non, Tira pa diante, Cousa pouco seria, Nada que perder, Ultima viaxe, Adios amigos…son algún dos títulos que conten.

Longo camino o percorrido pola banda de Cerceda dendo o primeiro concerto no Disco Bar NON SEI, alá por decembro do 1988,  un antigo salón de baile reconvertido a sala. A xuventude estaba famenta de rock¡¡¡¡¡

www.zenzar.info



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros