Correlingua | Fedello
18411
post-template-default,single,single-post,postid-18411,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2014,body_interprete,body_superoito,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Fedello

Fedello

Superoito é un grupo para bailar.

Para bailar e para non deixar de saltar durante toda a noite.

Chabi, Glenn e Iván son tres rapaces de vintecatro anos, procedentes da vila de Ordes e teñen un lema moi claro para definirse: tocamos rápido, bailamos ben, e facémolo en galego.
Compañeiros desde que naceron e con antecedentes en outros grupos do mesmo marco musical, xúntanse en Xaneiro 2013 para facer o que mellor saben, poñer a todo o mundo a saltar aló por onde
van para que o seu rocanrol sexa festa e ninguén marche para a súa casa sen ter que suala camiseta.

Cun repertorio de 31 cancións, todas e cada unha delas de composición propia e en galego, permítense dar concertos de entre media e dúas horas de duración segundo a celebracion o requira.
As súas letras falan de todo canto nos rodea, dende os métodos máis elegantes para ligar, pasando pola reivindicación da volta da selección galega ou pola infancia dun neno marcada polo Xabarin; prentenden ser letras coas que todos e todas se poidan sentir identificados, con estribillos pegadizos que acompañan o ritmo rápido e o toque divertido para facer delas unha festa para todas as idades.

No verán pasado deron concertos en salas espalladas por todo o territorio galego, onde destacan:
Sala Nasa – Compostela
Sala Dolmen – Cabaleiros
Sala Nuada – Ordes
Sala Gatos – Melide
AC Gentalha do Pichel – Compostela
Brooklyn Rock – Compostela
Sala Jatopús – Ordes
O Taxista – Pontecarreira
O Sótano – Ordes

e tamén participaron en varios festivais ó aire libre:
Festival Carminha Toleou – Arzúa
Festival Rock no Piñeiro – Piñeiro
Festival Entre Lusco e Fusco – Ordes
Festival Desordes Creativas – Ordes (organizado pola xente de Dios Ke Te Crew)
Festival Solidario, recollida de alimentos e xoguetes por Nadal, que eles mesmos organizan.
e en algunha que outra sesión de música na radio, organizadas por Radio Ordes e Radio Melide.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros