Baila

Baila

Música liana
música silveira
música xungla

Herbas acústicas malas de arrincar: Som do Galpom

O grupo Som do Galpom está de noraboa xa que acaban de publicar o seu segundo
disco titulado “Galinha de Troia”. Esta banda galega que se formou nunha aldea
chamada A Moninha (Compostela) segue sorprendendo dentro do panorama musical xa
que conseguen mesturar diferentes estilos e sons creando un estilo propio e moi orixinal.
Ao seu estilo musical lle chamaron funki­reggae­rap, cando polo 2008 lanzaban o seu
primeiro disco “Em terra de ninguem”, agora neste segundo traballo o seu rap orgánico
bebe doutros estilos musicais (folk,trip­hop,rap…) que se conxugan á perfección co seu
particular som? o som do galpom!!!

Nesta ocasión presentan un tema inédito e en primicia para este concurso musical? todo
un caramelo que ides saber degustar nos vosos esquisitos paladares que se chama
“Baila”. Esta canción foi composta para esta ocasión e por iso ides poder desfrutar da
súa frescura e da alegria propia de quen comeza unha nova aventura…