Correlingua | Corte Jazz
18420
post-template-default,single,single-post,postid-18420,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2014,body_interprete,body_seisporoito,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Corte Jazz

Corte Jazz

SeisporOito xurde no ano 2012 pola inquietude de buscar, descubrir e reivindicar novos xeitos de interpretar a música tradicional, tanto galega como doutros países do mundo.

Os integrantes de SeisPorOito vimos de estilos musicais diversos, misturando todos eles facemos a nosa música, pero sempre mantendo a raíz e a esencia da tradición.

O que nos move é a música da terra, facemos temas bailables, divertidos e cheos de enerxía e sentimento. Cortejazz, ten como base unha melodía tradicional, a cal, misturamos con melodías máis modernas de composición propia. Un ritmo de xota no que se pode bailar, cantar e que ten como obxectivo conseguir que a xente disfrute e interactue coa nosa música.

http://www.seisporoitomusica.blogspot.com.es/



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros