Consumismo

Consumismo

Guezos é unha banda ourensá formada por sete músicos que, desde a súa aparición hai xa once anos, xamais deixou de soar.

A súa evolución foi lenta pero constante. Deron os seus primeiros pasos con melodías tradicionais e ritmos propios de calquera foliada galega. De feito comezou como unha banda de corte tradicional, mais a súa ansia por experimentar levounos cada vez máis lonxe deste punto de partida.

Facendo un repaso pola súa discografía pódese descubrir unha banda cada vez máis madura e atrevida, e iso queda patente cando se suben a un escenario.

A súa música levounos a tocar en cada recuncho da xeografía galega durante estes anos, onde compartiron escenario con grandes bandas como Mercedes Peón, Susana Seivane, Mercado Negro, Os Cempés, Obrint Pas, Betagarri, Ruxe-Ruxe, Galegoz, etc.

“O Histérico Latexo” é o nome do  último disco, unha caixa chea de sorpresas, onde tamén deixaron o seu pequeno agasallo Xabier Díaz de Berrogüetto, a rapeira galega
Aid, e Sergio Zerraeta, Iván Varela e Ángel “Gafas” de Lamatumbá.

Folk, rock, bossa, swing, rumba,  reggae, … Todo é posible cando chega o directo.