Os do Xalo

Os do Xalo

Zenzar debutou ao vivo en decembro do 1988 por iso este ano a banda celebra o seu 25 aniversario enriba dos cenarios.

E tratará de facelo en cantos máis mellor.

Zenzar é a banda decana do rock en galego que se mantivo en activo ininterrompidamente todo este tempo e con un só cambio na formación orixinal.

Leva publicados 7 discos, 1 dvd ao vivo, e pisado centos de cenarios do país.

Últimamente abriuse a outros ritmos e faise acompañar en ocasións por percusión, gaita e voces de artistas convidados para completar o seu repertorio de rock en galego.