Correlingua | Cantarei
18391
post-template-default,single,single-post,postid-18391,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2013,body_interprete,body_cantarei,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Cantarei

Cantarei

Somos Adrián e Javi dous rapaces que crecimos, estudamos na escola de primaria, na de música e no instituto xuntos. Tocabamos con outros amigos do barrio de pequenos e despóis de varios intentos, aos dezaseis anos montamos un grupo, que é o que temos agora, co nome de Sen Condición pero como non están os demáis chamarémonos “Os calacús do Samaín”. Comezamos sendo cinco, pero por mor dos estudos e traballo só quedamos os dous en Pontevedra, ainda que seguimos tocando cos demáis cando nos xuntamos en vacacións. Comezamos a metade rockeiros e a outra metade jazzistas e asi elaboramos as cancións os dous que quedamos. Por falta de material de producción non puidemos grabar moi ben nin meter a guitarra, que toco eu, e a bateria. Si ganamos pode que veña algún compoñente máis do grupo a algún directo, que é o noso forte. Por outra banda dicir que non perdimos a nosa actitude aínda que iso nos pechou portas por non “comercializarnos” mais é o que nos da forzas a seguir e esperar o empurrón que precisamos para dar un paso máis.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros