Cantar cantei

Cantar cantei

Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega. Un ano máis tarde a Balbina paríu O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón de este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda a Galiza, (compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos…) levando sempre boa música en galego e moita festa. As nosas creacións seguen a manter uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país.? Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son nosas e comúns nas catro provincias da Galiza. Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía coa musicalidade da lingua galega.

Nesta ocasión a Balbina preséntase a este concurso en solitario ca versión do poema de Rosalía “eu cantar, cantar, cantei…” a ritmo de reggaeton. Esperamos que vos preste.

Un saúdo da Balbina



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros