Tírame da lingua

Tírame da lingua

Xenderal aka Gendebeat é un subproducto da mutación lenta e agonizante a que se ven forzad@s @s residentes dunha vila chamada Cerceda. A inquedanza por ser como os seus semellantes levouno a coller un micrófono e comezar a rapear na lingua nai para despois atreverse a facer beatbox (así evitábase preguntas como, que cara*** cantas? ).

Como se dunha triloxía musical cercedense se tratar, colaborou musicalmente cos compañeiros de Zenzar e Machina así como coa DiosKeteCrew ou K-Raxe entre outros. Hoxe en día e xa cun pouco máis de pouso imparte obradoiros de beatbox e forma parte do sistema de son “Selectah  in Helicopta” como singjay, MC e sampler humano, onde dá renda solta á percusión vocal, ao reggae, rap… e as súas letras retranqueiras non deixan indeferente ninguén!

Máis info en:



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros