Orballo

Orballo

Meigha e un grupo establecido en Vilagarcía de Arousa como punto intermedio para a banda, pois algúns veñen dende Pontevedra e Marín. Os membros de Meigha proceden de outros proxectos musicais como: Sde ou Ardegan.

As nosas influencias son moi variadas e abarcan dende o Heavy-Rock clásico dos anos oitenta ata o metal melódico mais moderno de estes tempos. Compaxinamos os riffs agresivos e os ritmos contundentes coa sensibilidade das melodías do guitarra solista e a poderosa e doce voz da cantante.

As nosas letras son a maioria en galego e nelas tratamos de contar subxectivamente historias, lendas, contos e mesmo feitos reais acontecidos en Galicia o longo da historia. Para poder ofrecer a versión mais verídica sobre o tema que tratamos, informámonos e indagamos con todos os medios o noso alcance.

Estes temas, son gravacións caseiras, rexistradas no propio local de ensaio por un gran amigo do grupo, Fran, ex guitarrista xunto a Patty e Josse do grupo SDE.

O grupo formouse fai catro anos e medio aínda que tivemos varios cambios de formación.Todos os compoñentes do grupo temos experiencia sobre os escenarios.

Estamos preparados e temos moitas ganas de poder ensinar a nosa musica, por eso parécenos xenial oportunidades como este concurso.

Actualmente, estamos a presentar o noso novo traballo, Segredos e Lendas (2012), a dia de hoxe, xa fixemos tres concertos de presentacion e varios mais programados, ainda que nos anos pasados, e co noso anterior traballo chegamos a facer mais de 10 concertos.

No noso Myspace, pódense escoitar os temas dos dous traballos que temos gravados (aínda que o noso repertorio supera a hora e media de actuación) e tamén uns vídeos onde pódese ver o proceso da gravación de ditos temas, en directo, no ensaio etc. a dirección e: WWW.MYSPACE.COM/GRUPOMEIGHA

Nada mais, deixamos os nosos datos de contacto e esperamos que vos guste o que facemos, unha aperta e un saúdo. Meigha.

  • MEIGHA, PARADELA DE ABAIXO, 23, 36619 CORNAZO (VILAGARCIA DE AROUSA) PONTEVEDRA
  • TEL CONTACTO 639 64 43 87 (Josse) / 687 42 93 49 (Patty)
  • E-MAIL : GRUPOMEIGHA@HOTMAIL.COM
  • FACEBOOK E TUENTI: MEIGHA GRUPO
  • YOUTUBE: CANAL GRUPOMEIGHA

 

ORBALLO
Nunha terra sen igual, onde o ceo bica o mar,
música do vento e da choiva ó salpicar.
Usar nubes para soñar, fillos do alento do mar,
o agarimo da néboa e do orballo da mañá.
Raioliñas do solpor entre o millo do verán,
noites de lúa e son dos lobos ó ouvear.
Romarías ó carón das igrexas do lugar,
carballeiras para bailar muiñeiras e bicar.
Da xente que o sente, que medre a semente.
E roubar, do vento un cantar, escachar a rir sen pensar.
Escoitar os paxaros da mañá e durmir, coas sombras do serán.
Gris no ceo, verde mar, aturuxo e suspirar.
Somos fillos de Breogán, na nosa ialma hai un cantar.
Da xente que o sente, que medre a semente.
Da xente que o sente, que medre a semente.
Gris no ceo, verde mar, aturuxo e suspirar.
Gris no ceo, verde mar, aturuxo e suspirar.

 

PATTY : VOZ
JOSSE : GUITARRA RITMICA
MYR: GUITARRA SOLISTA
PAKO : BATERIA
TONY : BAIXO