O derradeiro aviso

O derradeiro aviso

Esquíos, a banda da Estrada, acode un ano máis a súa cita co Cantalíngua

presentando un tema incluído no seu ultimo disco (“Agora si!!…despois igual non(imolo vendo)”), titulado “O derradeiro aviso”.
Un tema que fala da desaparición de algo tan noso coma son os  “veciños acuáticos”, e co que queremos poñer o noso grán de area na loita contra a desaparición doutra cousa moi nosa: a  língua galega.

Agardamos que vos guste e se queredes saber máis do grupo pasádevos por www.esquios.com.