Máis non

Máis non

Ola, son o cantautor Paris Joel.

Son natural da cidade de Sada(A Coruña), móvome no xénero da canción de autor aínda que ser cantautor non estea de moda. Preséntome ao Concurso Cantalingua 2012 cun único obxetivo: dar a coñecer as miñas cancións. Sei que pode ser un discurso moi manido pero é un discurso certo, afortunadamente teño dúas mans e vontade suficiente para conseguir concertos e tocar para todo aquel que queira escoitar pero sempre en círculos pequenos. Hai que aproveitar as ocasións e este concurso paréceme unha delas.

Espero que vos goste a canción que presento, chámase “Máis non” e é unha especie de metáfora que desexa un cambio de tempo que vaia da chuvia ao rexurdir do Sol, cada quen que a tome coma queira.

Somentes vos pido que a escoitedes con atención.

Unha aperta.
Paris Joel
http://www.nsaio.org/parisjoel

Visita a miña web: www.parisjoel.com