Correlingua | Heroes
18312
post-template-default,single,single-post,postid-18312,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2012,body_interprete,body_heroes,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Heroes

Heroes

Fracasados de Antemano preséntanse de cara ao 2012, como unha dasbandas cun directo máis amplio e potente de toda a escena emerxente do panorama galego e o Noroeste Peninsular.

O seu estilo basado nun Rock contundente aderezado de hip-hop, funk, ska ou reggae, un repertorio explosivo capaz de facer vibrar a públicos heteroxéneos cunha fórmula clara: a enerxía que guía uns directos caracterizados pola súa calidade musical.

Desde o seu ano de presentación no 2009 a banda conta con máis de 80 concertos ás súas costas tanto dentro como fóra do territorio galego.

Atrás queda unha longa traxectoria en salas de concertos galegas, así como a participación en grandes festivais de renome de Galiza, como por exemplo:  Festival Serra de Queixa, Rock in Cambre, Festidoiro, Festival de San Pedro(Compostela), Festival Magosto de Maceda…
Moitas foron as bandas que compartiron escena cos Fracasados,entre elas pódense destacar grupos consagrados no panorama estatal como ObrintPas, La Kinky Beat, Mägo de Oz, Sherpah ou D ?callaos. Taméncompartiron cartaz con músicos imprescindibles na escena galega: Os Tres Trebóns, Dios ke te Crew, Ruxe-Ruxe, Sonoro Maxín…

A presentación do primeiro disco, con máis de 1000 copias vendidas en dúas semanas, acadou gran repercusión mediática e boa acollida por parte do público. Coa gravación de Javier Abreu (Boikot, ou Los Piratas entre outros) e a masterización de Metropolis Studios de Londres, Fracasados de Antemano inicia a súa xira 2012 cun claro obxectivo: Demostrar que a súa música pode extenderse por toda a Península Ibérica a través dun directo aínda máis potente e cosmopolita.

Sonia – voz
Brais – voz e trompeta
Román – teclados
Emilio – guitarras
Berni – guitarras
Alex – baixo
Miguel – batería



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros