Crying Wolf

Crying Wolf

O grupo de folk metal Crying Wolves creouse en outubro do 2010 en Santiago de Compostela, pero ata Febreiro do 2011 non se consolidou como grupo.  Crying Wolves ten unha forte base no visual, coa súa vestimenta característica (roupa e pinturas celtas) e coa súa posta en escena  (plantas,  antorchas, barriles… atrezzo variado e moito movemento), polo cal as súas actuacións non son simples concertos, senón un show. O obxectivo que ten o grupo e dar a coñecer coa música, mesturando ritmos máis tradicionais co metal actual, a cultura galega fora da nosa terra, a lingua, as festas, a historia, etc e por suposto facer boa música.

O grupo estreouse en Novembro do 2010 no Travel Festival en Silleda tocando só versións de outros grupos coñecidos. Foi a partir do 2011 xa cando  coa formación completa puxémonos a compoñer as nosas propias cancións, que estreamos nun concerto na sala NASA. Despois de varios cambios de formación e varios concertos, entre eles a actuación no Festival de Emerxentes nas festas do Apostol 2011, a finais dese mesmo ano  volvemos ter a formación completa e en Febreiro de 2012 fomos o único grupo na historia que tocou no pazo de Raxoi, sede do concello de Santiago.

En marzo fomos finalistas do EISV Music, escollidos entre máis de 60 grupos de toda Galicia e parte de España e en abril tocamos como teloneiros de Korpiklaani (Finlandia, un dos grupos de folk metal máis importantes do mundo) e Trollfest (Noruega) e nese mesmo mes volvemos saír escollidos finalistas dun concurso neste caso o Milloverde.

Neste 2012 estamos preparando o material necesario para dar unha xira  polas salas e festivais galegos e quen sabe se visitaremos Portugal ou o resto de España e apuntarnos a diversos concursos.