A senrazón

A senrazón

Nhió! xurde dos rescoldos de Retobato, que morreu ó marchar Óscar, batería e parte fundamental do grupo. Nese momento (outono 2008) decidimos seguir, o resto de nós, cun proxecto novo no que partiríamos de cero, facendo temas novos… e a ver que pasaba.

Nun primeiro momento non atopamos nengún batería e ponse a tocala Pablo (voz), cousa que xa fixera no proxecto anterior a Retobato (Malos Tratos), pero a cousa sen el na voz  non marcha ben, e seguimos buscando, e provando a varios ata que damos con outro Óscar, a principios do vrao do 2010, que se empata deseguida e xa a cousa comeza a caminhar có paso firme que nos marca unha boa bataca… A estrea ao vivo foi no ‘C.S.O. A Casa da Estación’  o 25 de septembro de 2010.

A música que facemos agora segue a ser punk, pero xa a vea hardcore, que nos asomaba de vez en cando, está esquecida, e facemos un punk bastante máis rockero…ou iso nos soa, xa se verá o que opina o persoal que nos disfrute/sufra.

Case todo o que tocamos son temas nosos, nos que as verbas son en galego. Tamén temos algunha versión adaptada como o tema “As Encovas” de Fuxan Os Ventos, ou o “I Don’t Wanna Grow Up” que traducimos e agora chámase “Eu non quero medrar”, aínda que algunha versión tamén queda como é a orixinal, como por exemplo o “They Say” de Scars on Broadway.