Correlingua | 1940
18267
post-template-default,single,single-post,postid-18267,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2012,body_interprete,body_1940,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

1940

1940

Invivo é unha banda galega de metal crú formada en 2006 e composta por Mario César á voz e guitarra, Roberto Couto ás guitarras, Roberto Filgueira ao baixo e segundas voces e Ricardo González á batería.

En 2007 danse a coñecer coa participación no disco compilatorio Apostolocausto.

No 2008 gañan a terceira edición do concurso Millarock, ceden un tema inédito para o disco compilatorio Derrameidea e comparten escenario con bandas como Hamlet, Estirpe, Berri Txarrak, A Palo Seko, entre outras.

En 2009 publican o seu primeiro disco, Introvisión (Producciones Malditas) gravado e mesturado por Iago Pico nos estudos Pousada Son de Ames (GZ) e masterizado por Peter In de Betou nos Tailor Maid Studios de Suecia.

No 2010 colaboran no disco compilatorio A Bola de Metal.

Tras ducias de concertos nas súas costas en 2011 presentan o seu segundo disco, Dogma (ACI), gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico nos estudos Pousada Son. Ese mesmo ano ceden o tema 1940 para o compilatorio de metal galego Camaradas do Metal!!#Vol.1 e revisan o Sementa dos Skacha no disco Canta historia na barriada, tributo á banda punk-rock viguesa.

No 2012 presentan o seu primeiro videoclip oficial: 1940. O vídeo está dirixido por Lois Rodríguez quen, na súa opera prima soubo plasmar á banda en estado puro interpretando un dos temas máis representativos do seu disco DOGMA.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros