Correlingua | O mundo ao revés
18167
post-template-default,single,single-post,postid-18167,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2011,body_interprete,body_zenzar-2,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

O mundo ao revés

O mundo ao revés

Zënzar é o grupo de rock en galego mais veterano que está en activo, xa van para 23 anos…

Teñen cinco discos editados, mantendo a súa seña de identidade intacta “rock en galego”,  aínda que levando a cabo unha lenta, pero segura evolución, abríndose a outros ritmos e colaboracións.

Zënzar son unha aposta segura, por profundiade de repertorio, polo seu són contundente e compacto e polo saber estar enriba dún esceario.

O seu último traballo foi “A Tribu” 2009 e no 2010 compartiron esceario con bandas como ROSENDO, Sinkope, Kaotico, Segismundo Toxicomano e multitude de bandas galegas, pisando grandes escearios e tamén festivais mais modestos e garitos onde o corpo a corpo co público ten grande valor.

Tamén presentaron ao vivo o seu disco para a TVG onde interpretaron o xa clásico “A Culpa Foi de Leño”.

Recentemente fixeron un directo para a Radio Galega Música e produciron un video da versión acústica do tema “Tiven un Bar”.

Actualmente xa traballan intensamente no seu sexto disco, existinto tamén a posibilidade da edición dún dvd co concerto ao vivo de Cerceda 2009.

Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros