Correlingua | Galiza Chamiza
18201
post-template-default,single,single-post,postid-18201,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2011,body_interprete,body_sacha-na-horta-2,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Galiza Chamiza

Galiza Chamiza

Sacha na Horta nace no 2007, non se sabe moi ben cómo nin por qué. Foi un cúmulo de circunstancias – cousas da vida! – que xuntou á banda orixinal para gravar o primeiro tema : “Biocultivos”.

Moito tivo que ver o licor café, a viaxe a Barcelona e os concertos da Per Loca, a Casa do Sol, onde vivían as tres cantantes e o guitarrista, máis licor café, e conversas interminables polas noites de Compostela.

Pero, sobre todo, a semente da que agromou Sacha foi o Apologhit.

No ano 2007, o Apologhit buscaba a canción do verán en galego. Nós presentámonos… e gañamos!

Houbo que xuntar á banda e facer un repertorio para ir tocar a Cuba (só tiñamos o “Biocultivos”!!) e traballamos arreo para facer algo xeitoso. E alí no Festíbulo botamos a andar a primeira formación de Sacha na Horta: Mané, Laina e Andrea (voces), Manuel Paino (trompeta), Martiño (saxo), Alex (teclado), Brais (guitarra), Miguel (baixo) e Gustavo (batería).

De toda esa enerxía, esas ganas, naceron un feixe de temas. Temas que falan das nosas inquedanzas, alegrías, raibas e soños, sempre cun toque de retranca e unha crítica inconformista.

Pero o primeiro concerto quixemos facelo na casa: a estrea foi o 4 de decembro do 2008 na Gentalha do Pichel, en Compostela.

Dende entón fóronse sucedendo os concertos (Pé na Estrada, Roi Xordo, Repercusión…) e a gravación do primeiro disco : Temos moito por sachar.

Inclúe 6 pistas e foi gravado entre Ribeira, Padrón e Poio polo Dr. Chou. Está colgado na páxina da Regueifa Plataforma (www.aregueifa.net) para libre descarga.

Cousas da vida, xente que vai, xente que ven, Laina, Mané e Andre, as nosas tres queridas cantantes colleron rumbos lonxanos, outras latitudes, e Sacha tivo que buscar novas sachadoras que levasen con forza o sacho, mulleres bravas deste país… e, como non!, atopámolas!

A finais do 2009 incorpóranse a Sacha na Horta Alenya, Iseo e María, con moitas ganas e enerxía. E seguen os concertos, cada vez con máis mensaxe, con máis humor, con vestiario… e novas cancións incendiarias e retranqueiras, como “Busco Amante” ou “Galiza Chamiza”.

Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros

Privacy Preference Center

Close your account?

Your account will be closed and all data will be permanently deleted and cannot be recovered. Are you sure?