Control do Mal

Control do Mal

Banda de metal afincada entre Carballo e Cerceda (A Coruña). A súa xestación tivo lugar a finais do ano 2009 baixo o nome de N.O.S .Os compoñentes  viñan de tocar en distintas bandas do panorama da música galega coma Machina, Sensacha ou Fuzquenlla. A finais do 2010 a formación orixinal sufre cambios debido á marcha dun dos seus integrantes motivo que os leva a reestructurar o proxecto comezando polo nome que pasa a ser o actual, K-RAXE aínda que sen perder un ápice da súa identidade músical.

A música de K-RAXE abrangue diferentes estilos dentro do campo do metal mantendo unha línea de agresividade reforzada pola voz do seu cantante, ademáis de empregar o galego para facer chegala mensaxe das súas letras.

Durante o ano 2010 realizan diversos concertos pola xeografía galega compartindo escenario con bandas coma Machina ou In Vivo.
O vindeiro mes de Abril verá a luz o seu primeiro traballo discográfico “Novos  Tempos”  gravado con Javier Abreu en Océano Estudio.

COMPOÑENTES:
Diego – batería
Suso – guitarra
Ángel – baixo
Dani – voces
Manu – técnico

Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.