Correndo a bola

Correndo a bola

Musicalmente orixinario do mundo tradicional e folki, Fucoxabier foi tenor do Real Coro Toxos e Froles, e tamén membro de grupos como Os Chifros ou Amacuca, todos no entorno da comarca de Ferrol. Tras esta primeira etapa apártase da escena musical, á que volve anos despois co seu proxecto actual.

Trátase dunha aposta por reinventar a canción de autor (ou canción, a secas) en galego, fuxindo de tópicos e de enxebrismos. Cobran importancia por tanto os textos, nos que ademáis de letras propias hai poesía e versións. Na parte musical aposta por unha estética convencional, con estilos que se moven entre o pop-rock, o folk, a balada, etc.

Sen ter aínda ningún disco editado, sí aportou temas a tres discos colectivos:
  • “Once máis 15”, disco de poesía musicada (2009).
  • “Pressing Catch: 12 cancións dende o ring”, cancións para o espectáculo teatral Pressing Catch, da compañía compostelá Berrobambán (2010).
  • “A Coruña Son 10”, concerto peche do obradoiro de creación de canción popular A Coruña Son (2010).

Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.