Correlingua | A Mona
18205
post-template-default,single,single-post,postid-18205,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2011,body_interprete,body_dandy-fever,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

A Mona

A Mona

Dandy Fever somos unha banda de A Coruña nacida en 2002. Somos verdadeiros amantes da música xamaicana, nas súas variantes do ska, do reggae e do rocksteady, e coa singularidade de cantar en língua galega na maioría do noso repertorio.

Temos publicado un mini cd en varios temas soltos en recopilatorios de Galiza, o estado español e en varios paises europeus. En directo tocamos por boa parte da a xeografía galega, facendo bailar a un público que sempre nos acolleu de maneira calorosa.. Fomos ademáis gañadores en 2006 do concurso GZCrea, e do concurso galego de reggae do Foundation Festival.

Tras varios cambios na nosa formación, continuamos cun proxecto no que sempre puxemos moita ilusión, animados tamén pola numerosa xente que sempre nos apoiou fielmente.

“A Mona” e unha canción feita con ocasión de este Cantalingua, que conta as peculiaridades dunha macaquiña un pouco excéntrica. A ritmo de reggae, agardamos que  os nenos e nenas bailen e canten con este tema “recén saído do forno” dos dandys.

Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros