Días escuros

Días escuros

AmachetA formouse no ano 2007 en Sigüeiro por: Gonzalo Suarez (baixo), Bruno Ferreiro (Guitarra), Daniel Senin (Batería) e Marcos Juncal (Guitarra & Voz). Primeiramente a banda tiña como nome Orion pero debido a existencia de mais grupos co mesmo fixouse o nome actual.

Deron o seu primeiro concerto na Festa das flores (2008). Daquela a banda só tocaba versións (Metallica, UFO, Baron Rojo, Kiss…)

No ano 2009 Daniel Senín decidiu deixar o grupo e días despois incorporouse á batería, Peri e nese mesmo ano a banda decidiu comezar a compoñer temas propios.

Esta formación debutou no mes de maio de 2009 “Na de Xaquín” (pendello) tocando alí o seu primeiro tema propio: Apocalipse.

No ano 2010 a banda meteuse nun estudio por primeira vez, concretamente en Rapapoulo Studios, para a grabación dunha maqueta con 5 temas propios, que saiu a venda en Xaneiro do 2011.

Se queredes escoitar máis música ou info en xeral podedes visitar a súa web.