Correlingua | Contra-Conxuro
18106
post-template-default,single,single-post,postid-18106,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2010,body_interprete,body_murmel,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Contra-Conxuro

Murmel

Contra-Conxuro

MurmelPérfidas e rabudas bruxas do século XXI educadas na Real Academia de Akelarres onde perfeccionaron as suas técnicas de creación de conxuros, contraconxuros, danzas estáticas e música de fenómenos paranormais.
Luluga, Malfume e Xogabón (as irmás Murmel) percorren o mundo nas súas vasoiras acompañadas de Tritone, o seu gato-musa de peluche.
Non apto para cardíacos nin pusilánimes.

Murmel é un proxecto que empezou a xestarse alá polo 1996 cando un grupo de amigas estudantes de Educación Musical se xuntaban a cantar e tocar para divertirse. Pasados os anos e tras moitos estudos e experiencias vitais deciden retoma-lo grupo, e transformalo nun proxecto profesional perfeccionando e arranxando os temas, creando novas composicións e convertindo ás súas intérpretes en bruxas, uns seres tan arraigados na tradición de Galicia. Esta característica fai que as cancións se engloben dentro dunha temática concreta baseada no mundo do misterio e os seres fantásticos e concretamente nas bruxas, sobretodo esas ás que a Historia condenou só por pensaren por si mesmas, ou non sucumbir ás ideas impostas, cousa que, en xeral, resultaba bastante molesta..

A música está inspirada en diferentes épocas e diferentes estilos, por eso podemos atopar dende un recitativo e aria clásicos ata un reggae.
Para cativos a partir de 7 anos e adultos que non perderan o seu espíritu de pequerrechos.

Lucía Vázquez: dirección musical, voz, teclado e dramatizacións.
Iolanda Zúñiga: voz e dramatizacións.
Sara Veneros: voz e dramatizacións.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros