Correlingua | O cartaz do Correlingua 2016 sae á luz!
17667
post-template-default,single,single-post,postid-17667,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cartaces,body_edicion-2016,body_o-cartaz-do-correlingua-2016-sae-a-luz,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

O cartaz do Correlingua 2016 sae á luz!

O cartaz do Correlingua 2016 sae á luz!

Xa temos con nós o cartaz da edición do Correlingua 2016!

Partindo do lema “O galego está en nós” xorde a idea deste cartaz, no que a sociedade galega, a modo de superheroínas e superheroes, deixamos de lado todos os prexuízos vinculados co galego e falamos a nosa lingua sen medo, en público, con alegría e sabendo que isto nos fai singulares. Estas actitudes son propias de moitas nenas e nenos que comezan a falar, de adolescentes que chatean en galego, de profesorado que o usa dentro das súas aulas, ou tamén, porque non, de persoas públicas que deciden utilizalo como lingua coa que comunicarse co resto do mundo, como medio co que expandir as súas mensaxes.

Por iso, temos que agradecerlle a Sés, a Sergio, a Federico ou a Ledicia a súa disposición e gañas de participar e apoiar este proxecto. Porén, non debemos esquecernos do alumnado, as persoas que fan posible que o Correlingua siga adiante, concretamente a Sara, Xabi, Inés, Lucas e Uxía.

Que o galego permaneza moitos anos máis en nós!



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros