Osvaldo

Osvaldo

Momboi

Momboi nace dun proxecto pasado de Brais S. Barreiro (Gancho Sanches, Espiño) e pretende misturar o folk/rock con estilos de raíz latinoamericana.

Brais (Guitarra e voz) e Beny Mayo (batería) comezaron a tocar xuntos na banda noiesa Kertuler a mediados dos anos 2000. Logo volverán xuntarse para outros proxectos afianzando unha produtiva colaboración. Despois de catro anos en Barcelona, Brais volta a Galiza cun proxecto persoal e durante dous anos a banda actúa por diversos lugares da xeografía galega: A Coruña (Baba Bar) Santiago de Compostela (A Reixa Bar, Nunca Mais Fest, Feito A man), Noia (Rúas Vivas, Festas San Bartolomé), Vigo (A casa de arriba) son só algúns exemplos.

Con esta idea de xuntar estilos comezan a gravar un disco que sairá a comezos do 2019. Será un disco de curta duración, un EP composto por 5 temas totalmente en galego. Xunto a Miguel Barreiro preparan o videoclip da canción Osvaldo.

As letras van dende a espiritualidade dos temas Monterrei e Cantos Abisais ao amor imposible de Uxía, e sendo a temática de corte místico influenciada por outras culturas a preferida da banda.