Non é ficción

Non é ficción

Pauliña

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical, é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén.

Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais do seu entorno da bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas destas letras.

Moi nova, trocou por impulso esa terriña das Rías Baixas por outra costa diferente, a de Inglaterra concretamente Eastbourne. Alí, como non podía ser doutro xeito, a música acompañouna, tamén a tristura, a morriña de abandonar Galiza, a capacidade de buscarse a vida e a nova paisaxe mesturaron nela unha morea de emocións.

Cando considerou que a súa experiencia vital en Inglaterra rematara, fixo de novo as maletas e volveu para Galiza, pero desta vez non para o seu coñecido Cambados, senón que, ambiciosa, propúxose afincar uns anos en Compostela, despois Ourense, Vigo…, e de volta a Cambados, sempre ca súa música ás costas