Máis feliz

Máis feliz

Martín Maez

Martín Maez é un cantautor galego que conta con máis de 70 concertos en directo e un traballo de estudio “Secretos perdidos” .

Un disco producido polo ex guitarrista e fundador de “La Quinta estación” Paul DeVille  que serviu de inicio a súa carreira musical como compositor e intérprete.

As músicas frescas, con ritmos pegadizos e letras traballadas dese primeiro disco, soaron en medios como Los 40 principales, Onda Cero, Cadena Ser, Radio Nacional ou Radio Galega.

Agora volve, con novos sons e novas cancións en galego, amosando que a nosa lingua tamén se pode achegar aos ritmos máis actuais.

Para esta nova xira de concertos únense a Martín Maez dous músicos multiinstrumentistas que dan unha nova dimensión aos seus concertos: Myriam Cortizo á percusión e Cristian Navarro á guitarra e piano.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros