Estou xenial

Estou xenial

Monoulious DOP

Levamos dende 2012 tocando en acústico a dúo e subindo vídeos a internet pero dende 2017 temos unha nova banda polo que actualmente combinamos os dous formatos segundo a ocasión (como o camaleón)

Presentámonos ao Cantalingua en formato dúo acústico, despois de pasar neste pasado 2018 polo programa de divulgación e normalización do galego “O galego, a miña lingua propia” promovido pola Deputación da Coruña, neste mesmo formato.

Neste momento estamos enfocados nas composicións propias e a nosa intención e estar presentes en todos os festivais e festas da terra, co noso estilo; Rock desenfadado e bailable, para os máis festeiros, e baladas románticas para cortarse ben as venas para os corazóns máis sensibles… sempre en clave de humor.